24.2.18

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

https://normalizacioncouceiro.blogspot.com.es/2018/02/celebrando-o-dia-de-rosalia.html
Preme na imaxe

 Hoxe 24 de febreiro, é o Día de Rosalía, nunha xornada na que se cumpre o 181 aniversario do seu nacemento. 
No Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, publícase unha entrada sobre este importante acontecemento para toda Galicia . Podedes velo premendo na imaxe. 
Feliz Día de Rosalía!!!

22.2.18

SEGUIR O NOSO BLOG

Estimadas familias, grazas por ver o noso blog e convertelo nun complemento de traballo para as vosas fillas e fillos. Nel podedes atopar moitos recursos educativos que reforzan o que aprenden no colexio e as actividades que facemos.
Animámosvos a que vos fagades seguidores de "Primeiros Pasos". Podedes apuntarvos premendo a pestana que di SEGUIDORES e que aparece na columna esquerda, debaixo do CONTADOR DE VISITANTES. É necesario que teñades unha conta de correo electrónico.
O voso apoio é moi importante para nós. Saúdos.




RESTAS SEN LEVAR

http://www.crienaturavila.com/crie_httpdocs/mate/resta03.html
No tema 8 de MAT aprendimos a restar e agora tes que practicar. Non te desanimes que podes facelo moi ben!!!

SUMAS COS DADOS

http://segundoague.blogspot.com.es/p/juegos-matematicas-operaciones.html

BOMOMO

http://bomomo.com/